Pouco antes das catro da tarde, tal como estaba previsto, pasaba por A Pobra de Trives a caravana publicitaria de La Vuelta 24, a ronda española cuxa etapa 12 percorre hoxe boa parte da provincia de Ourense.
A etapa comezaba ás 14:22 horas na cidade de Ourense, pasando por Solbeira, Maceda, Luintra, Caxide, Castro Caldelas e Sas de Penelas, e rematará en torno ás 17:30 horas na Estación de Montaña Manzaneda.
Esta etapa da Volta, punto intermedio na clasificación xeral, está sendo gozada polos veciños de toda a provincia que acuden a animar aos seus ciclistas favoritos e a recibilios na meta na estación.
Ao paso da caravana por Trives, antes de coller rumbo á estación era moita a expectación a pé de rúa, contralada polos medios de seguridade, entre os que non faltaba a Policía Local de Trives e os voluntarios de Protección Civil.
Fotos e vídeos: O SIL.