DeportesÚltima hora

Gran variedade de inchábeis e posibilidade de merendar, no Parque de Pascua da Rúa

 

Dende hoxe, 1 de abril, e ata o domingo día 5, o pavillón municipal da Rúa acolle unha gran variedade de inchábeis, de diferentes tamaños e temática, para desfrute do público infantil.

O Parque de Pascua propmovido polo Concello, con entrada de balde e varios monitores, estará aberto en horario de mañá (de 11:30 a 13:30 horas) e de tarde (de 16:30 a 20 horas) tendo a posibilidade de merendar no bar rexentado polas rapazas do equipo de fútbol sala feminino, Rúa Valdeorras FSF.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button