Xa na recta final do Entroido, que se porá co Domingo de Piñata en Xinzo de Limia, que conta co ciclo desta festa máis longo de Europa, e noutros puntos de Galicia; dende o Periódico O SIL queremos agradecer a gran acollida que tivo, unha vez máis, a nosa revista “Entroido en Galicia”.
Precisamente nesta ocasión a portada estaba dedicada ás Pantallas limiás, tendo en conta ademais que este é o único Entroido galego que ten o distintitivo de Festa de Interese Turístico Internacional.

É unha revista a todo cor de 180 páxinas permite achegarse ás principais referencias desta tradición na provincia de Ourense, tanto no ámbito rural como no urbano, así como a algunhas das manifestacións máis senlleiras do resto de Galicia e doutras zonas próximas como Castela e León, mesmo Cantabria e País Vasco e que tamén posúe unha dimensión internacional ao incluír contidos relativos ao nordeste de Portugal e mesmo a Romanía.


Ao longo das súas 180, esta publicación inclúe diversos contidos que, malia ao paso do Entroido segue tendo vixencia, xa que, ademais das programacións, aperecen estampas ou un póster, amplas reportaxes, información do Entroido nos diferentes concellos, entrevistas a expertos e tamén aos artífices da festa, artigos de opinión…

Dende estas liñas tamén queremos agradecer a colaboración das diferentes persoas que fan posible esta publicación, dende os nosos fieis colaboradores ata ás persoas interesadas, aos nosos anunciantes, tanto empresas como outras entidades e institucións, e, por suposto, a todos os que fan posible que esta tradición siga viva e perpetuándose, e aos nosos subscritores e lectores. Tamén, nesta ocasión facemos unha mención especial ás Pantallas que aceptaron facerse a foto coa nosa revista deste ano 2026.

Se está interesado en coñecer o Entroido de Galicia e do norte de Portugal pode facerse coa revista “Entroido en Galicia 2026″, que xa está á venda nas diferentes librerías e quioscos do oriente ourensán, así como en Quiroga, e ademais pode mercarse en:
– Ourense:
Librería Citania, rúa Ramón Puga, Nº 1– Tlf: 988 238 985
Librería Eixo, rúa Cardenal Quevedo, Nº 36- Tlf: 988 255 983
Librería A’Nova, rúa Xerónimo Feixóo, Nº 11- Tlf: 988 238 841
– Maceda: Librería Alicia, praza Alcatruz, 6– Tlf: 988 542 288
– Verín:
Librería AZ, rúa Laureano Peláez S/N (Esq. Montemayor) – Tlf: 988 590 371
Imprenta-Librería Dasairas, Praza Maior, 24, Tlf. 622 78 65 78
– Xinzo de Limia: Librería Galaica, Avenida de Ourense Nº 11 – Tlf: 988 460 355
– Laza:
O Formigueiro, rúa Castiñeiro, 1, Telf: 988 98 18 87
– Santiago de Compostela:
Quiosco San Roque, rúa San Roque Nº 24 – Tlf: 692 271 601
– Lugo: Librería Carballal, rúa Río Navia, 31, Lugo, Tlf: 982 20 32 53
– Pontevedra: Librería Paz, rúa Peregrina Nº 29 – Tlf: 986 860 471
– Bueu: Librería Miranda, rúa Pazos Fontenla Nº 35 – Tlf: 986 320 504
– Vigo: Librería Librouro, rúa Eduardo Iglesias Nº 12 – Tlf: 986 226 317
Prezo: 10 euros
Fotos: Carlos G. Hervella.
