CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Green Angels abrirá o festival ‘O Son da Estación’, este sábado 18 de outubro na Rúa

Green Angels. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este sábado, 18 de outubro, A Rúa será o epicentro da música en Galicia coa celebración da II edición de ‘O Son da Estación’ adiado da súa data inicial o 15 de agosto por mor dos incendios forestais.

O festival aposta polo talento musical galego, cunha combinación de estilos que van do rock alternativo ao indie pop, pasando pola música tradicional e electrónica, ademas do compoñente local. De feito será a xove banda local Green Angels quen abra o cartel ás 19 horas. Despois actuará Mondra, seguiráo Carlos Ares e finalmente, xa de madrugada Agoraphobia. E entre banda e banda, Señora DJ porá o toque electrónico á velada, facendo bailar aos asistentes.

O evento está patrocinado por Turismo de Galicia, dentro dun programa que este ano inclúe máis de 180 concertos en 70 localidades galegas. Conta coa colaboración do Concello da Rúa e a produción de Ton y Son.

 

Back to top button