En portadaÚltima hora

Guía para seguir as programacións de Semana Santa, no especial en papel do Periódico O Sil

 

Ademais de informar puntualmente de cada celebración, con amplas galerías fotográficas, no dixital OSIL.info, o Periódico O Sil edita cada ano un especial en papel coas programacións de diferentes parroquias.

Dende o Venres de Dor ata o Domingo de Resurrección. Dende Valdeorras ata Ourense, pasando polas parroquias de Viana do Bolo, A Pobra de Trives ou O Carballiño. Un percorrido polas programacións relixiosas (misas, procesións e representacións) máis senlleiras e destacadas da provincia como o Vía Crucis e a Estoupa do Xudas nas Ermidas (O Bolo), a procesión dos caracois no Castro (O Barco) e Petín, a procesión da Soidade en Trives, a do Encontro en Santo Estevo (A Rúa),… Pero tamén gastronómicas como a Festa da Vitela, o Sábado Santo no Bolo.

 

Back to top button