“Habitar Drados”, o encontro de artes vivas que reúne a diversos artistas de diferentes disciplinas que habitan espazos rurais deshabitados, nesta aldea de Chandrexa de Queixa desenvolvía a súa cuarta edición con éxito do 6 ao 8 de agosto e, ademais, comezaba no veciño concellod e Montederramo.
“O xoves 6 en Montederramo, foi espectacular a cantidade de xente que nos acompañou no mosteiro, e coas distintas propostas os recunchos de pedra enchéronse de vida e mesmo o camiño que vai á fonte cunha exposición de mulleres de Montederramo. Brigitte Vasallo, Gutier Álvarez, Paula Pintos ,Belén Yáñez e Ana Gesto xunto ás pinturas de Yoka Domínguez Vigueira crearon unha maxia difícil de imaxinar e esquecer”, din dende a organización. Así mesmo, enganden que “mover os marcos” resultaba “moi interesante e gratificante pola gran acollida que nos deu o concello veciño.

Xa en Drados 7, 8 e 9 de agosto recuperábase “esa xa tan coñecida e querida maneira de encher a aldea de vida, habitando un ano máis o curro do Fidel, o Xuncal, o pendello da Hortensia… cine, música, baile, exposicóns, performances… Moitas pezas creadas na semana de residencia, anterior ó evento no que o territorio e as veciñas foron protagonistas indiscutibles”, destacan os promotores.
Desta volta o pregón do festival corría a cargo do veciño Rubén Fernández, “asíi fóronse xuntando os ingredientes para que a engranaxe do “Habitar Drados” fose funcionando dun xeito moi especial. Un festival no que habitar é o centro e no que por momentos todos nos sentimos partícipes e protagonistas.
Unha organización perfecta, un ambiente familiar no q todo resulta amable, invitan a soñar xa nunha nova edicion o ano que vén”, conclúe a organización.
Fotos cedidas.
