CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Hevia celebrará en Ourense o 25 aniversario da concesión do “Platinum Europe Award”

O gaiteiro asturiano actuará o 23 de outubro no Auditorio Municipal

Hevia vístese de gala para celebrar o 25 aniversario da concesión do Platinum Europe Award (distinción que se outorga aos artistas que venderon máis dun millón de discos nun ano, en Europa) polo seu mítico disco Terra de Ninguén, e dunha xira que levou a súa música a máis de 40 países.

 

José Ángel Hevia, o gaiteiro asturiano que revolucionou a música celta coa gaita electrónica, e que “máis discos vendeu no mundo con tres millóns de copias”, presenta en Ourense un vibrante concerto cunha potente banda, onde repasa os éxitos que lle fixeron popular e que xa forman parte do repertorio folk internacional, algúns dos cales revisou nun novo traballo discográfico.

Ás frautas e gaitas, tanto electrónica como acústica, súmanse as percusións tradicionais da súa irmá María José e o baixo eléctrico, a batería e os teclados da súa banda habitual. Ademais, para a ocasión contará coa colaboración especial da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

O concerto será no Auditorio Municipal de Ourense o 23 de outubro ás 20:30 horas.

Back to top button