CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Homenaxe a Ana Rodríguez, profesora do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), pola súa xubilación

 

Primeiro como alumna e, despois como profesora, a barquense Ana Rodríguez Novoa, vén mantendo dende nena unha estreita relación tanto persoal como profesional co CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), onde tamén impartiron clases os seus pais (en concreto a súa nai máis de 30 anos). Neste 19 de outubro, con motivo da súa xubilación, compañeiras actuais deste centro de ensino e outras coas que compartiu cursos anteriores, chegadas de fóra, rendíanlle unha homenaxe especial con motivo da súa xubilación no decurso dun xantar no Pazo do Castro (O Barco).

 

 

Ana, que iniciaba a súa traxectoria como docente hai 37 anos, exercía a súa profesión durante 35 anos no colexio de Viloira, onde daba a súa última clase neste mes de outubro. Neste sábado celebraba o inicio dunha nova etapa vital acompañada da súa nai, tamén profesora neste centro, e tamén do seu marido, da súa filla e o seu xenro.  No xantar, que reunía a 31 persoas, non faltaban as sorpresas, nin os agasallos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver, agás as 4 últimas da galería que son cedidas.

 

 

Back to top button