OurenseÚltima hora

Homenaxe a Gloria Gómez en Castro Caldelas pola súa xubilación no servizo de extinción de incendios

 

Despois de 34 anos traballando no servizo de Defensa Contra Incendios (hoxe SPIF), Gloria Gómez vén de xubilarse. Os seus compañeiros e compañeiras facíanlle unha homenaxe en recoñecemento ao seu labor profesional cun xantar que tiña lugar este domingo no Toural de Castro Caldelas. Nel tamén participaba a súa cuñada Ángeles Gómez, tamén traballadora neste mesmo servizo, que tiña que deixar a súa profesión por unha incapacidade. Ambas dúas son de aldeas de Parada do Sil e estaban na brigada CE-07 de Castro Caldelas.

 

 

“Foron 34 anos ás costas e problemas de saúde serios nalgúns períodos, que non lle quitaron as ganas de seguir exercendo o duro traballo da extinció”, destacan os seus compañeiros e compañeiras. Ademais lembran que cando elas comezaron era mínima a porcentaxe (un 10%) de mulleres no servizo, que tiña unhas condicións moi diferentes. “Hoxe por formación e tamén moita vocación polo servizo e amor á natureza o número de mulleres no dispositivo acada un maior valor, así como pola mellora nas condicións dos espazos que compartimos”, aseguran as súas compañeiras.

 

Back to top button