OurenseÚltima hora

Homenaxe a María Benita Rodicio en Santa Cristina de Caxide (Parada de Sil)

 

Na maña deste domingo 21 de xuño, a comunidade parroquial de Caxide (Parada de Sil) tiña un recordo especial para María Benita Rodicio “Beni”, falecida fai meses. A veciñanza, con motivo da concesión por parte do Bispado dunha medalla en setembro do ano pasado, que recoñecía a súa estreita e profunda colaboración coa Igrexa en Caxide e mais alá, rendíalle unha especial homenaxe.

Celebrábase na iglesia parroquial unha misa cantada pola Coral Ourensana Aqua Música e, ao remate da mesma colocábase a medalla que a recordará fisicamente nun lateral do templo. Logo a Asociación de Veciños convidaba a todos os asistentes a un aperitivo no local social desta localidade.

Todos os presentes poñían de manifesto que, a parte da súa inmensa adicacion á igrexa, Beni, preocupábase sempre de axudar a calquera veciño que o necesitaba, e que nunca quiso ningún recoñecemento, porque ela só sabía dar aos demais e non sabía recibir

De feito, debido ao pronto falecemento da súa mai, ela foi a mai de moitos dos seus 11 irmans. Vaia hoxe ese recoñecemento público a esta veciña exemplar.

Fotos cedidas.

 

Back to top button