DeportesFútbolÚltima hora

Homenaxe a Pablo Vega ‘Plumi’ no CD Córgomo Vilamartín-Antela “B”

 

Nesta tempada que apenas comezou a andar, o CD Córgomo Vilamartín mantén a bonita iniciativa de homenaxear no cartel promocional de cada partido en casa a xente da zona, vencellada ou non ao equipo, pero relevante por algún motivo.

Hai quince días e de xeito excepcional debido ao incendio que no mes de agosto se cebaba especialmente co concello de Vilamartín de Valdeorra, a homenaxe era para os afectados polo lume e hoxe o elixido era un dos xogadores Pablo Vega ‘Plumi’ que, antes do partido disputado na mañá deste domingo 21 de setembro contra filiar do Antela, recibía dos seus compañeiros unha camiseta co Nº 9.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button