
-O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, asistía esta mañá no Liceo de Ourense ao homenaxe ao escritor valdeorrés José María Pérez Álvarez, ‘Chesi’ tralo seu pasamento en decembro de 2025.
O delegado territorial salientou que falar de José María Pérez Álvarez é falar tamén do Barco de Valdeorras. “Porque hai persoas que nunca abandonan de todo a terra onde naceron. Aínda que percorran outros camiños, aínda que vivan lonxe, sempre levan dentro a paisaxe, as voces e a memoria da súa vila”; mantivo Manuel Pardo.

“Nas súas páxinas – lembrou Manuel Pardo- hai ecos da gran tradición europea —James Joyce, William Faulkner, Samuel Beckett, Thomas Bernhard—, pero tamén unha voz profundamente propia, construída desde a soidade e desde a fidelidade absoluta á literatura.
Autor de obras como ‘Nembrot’, seguramente a súa obra máis emblemática, ‘Cabo de Hornos’ ou ‘La soledad de las vocales’; Manuel Pardo subliñou que “lembrar hoxe a Chesi é lembrar que a cultura dun pobo vive en quen sabe contar a súa alma. E Chesi contou a de Valdeorras con verdade, con melancolía e con humanidade”. “Porque algúns escritores escriben historias. Outros, como Chesi, escriben memoria”; sentenciou.
