ConcellosQuirogaÚltima hora

Homenaxe ao gandeiro Mario Nogueira, tras o combate de gladiadores do X Qui-Roma, en Quiroga

 

Dun xeito moi especial concluía a recreación da loita entre gladiadores romanos e castrexos da décima edición da festa Qui-Roma en Quiroga. Xa na parte final da representación, un boi convertíase en agasallo da voda prohibida que finalmente se celebraba. Era levado polo gandeiro Mario Nogueira, de orixes quiroguesas.

E, tras finalizar a representación, a organización rendíalle unha pequena pero emotiva homenaxe para agradecerlle os dez anos que leva colaborando coa súa gandería no Qui-Roma. Así o lembraba Andrés Novoa, quen ademais comentaba que este gandeiro, cuxas cabezas están no monte, sufría de xeito especial os efectos da grave vaga de lumes do pasado verán.

 

 

Mario Nogueira respondía emocionado e agracedido, amosándose orgullosos das súas raíces quiroguesa. Confesaba tamén que o inverno foi moi duro para a súa gandería, pero que despois del “sempre chega a primavera”. O acto remataba cun sentido aplauso.

Fotos: A.R.

Back to top button