Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Huellas de Cabrera, na ruta dos Lagos de Saliencia (Asturias)

 

Ata terras asturianas viaxaban na pasada fin de semana os membros de Huellas de Cabrera. Alí realizaban o domingo 30 de marzo a fermosa ruta dos Lagos de Saliencia, no marco ademais dunha fermosa paisaxe nevada no Parque Natural de Somiedo.

O percorrido, circular e duns 17 km, comezaba no alto da Farrapona, por unha pista de terra na que atopaban xa os primeiros neveros que logo se manterían durante o resto do percorrido. Tras 1,5 km de camiñata atopaban o Lago La Cueva, que circundaban polo lado esquerdo. Despois seguían por un camiño amplo e chegaba ata a Mina Santa Rita, abandonada dende hai décadas e na que chegaron a traballar unhas 300 persoas.

 

 

Tras 5 km de traxecto, remataba a pista e os participantes na ruta continuaban por pradaría, con neve de ata 5-6 cm, pero na que se camiñaba ben, ata chegar ao un miradoiro natural que permitía desfrutar a vista de paxaro do Lago de Valle, que ten a peculiaridade de contar cunha pequena illa.

Tras unha parada para xantar, continuaban a ruta pasando pola beira do Lago Cerveríz. Logo proseguían ata aproximarse ao lago Calabazosa, cun pico do mesmo nome á dereita. Despois dunha pequena subida, os membros de Huellas del Cabrera atopaban novamente o lago de la Cueva e, finalmente, proseguían ata o Alto da Farrapona, onde remataba o percorrido. Fan unha valoación moi positiva da experiencia e cualifican esta ruta de “excepcional”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button