CulturaCulturaÚltima hora

I Camiñada Montefurados para interpretar o contexto mineiro romano, o 3 de agosto

 

O domingo 3 de agosto, ás 10 horas terá lugar a 1ª Caminhada ‘Montefurados’ en Quiroga. Esta andaina irá da vila de Montefurado de Quiroga á Boca do Monte e regresará ao punto de partida co obxectivo de “interpretar esta obra no seu contexto mineiro, rememorar o caso do ‘pozo de Steven’ e doutras buscas lendarias (e cheas de equívocos) da arqueolóxia mineria como a da ‘ruina montium’ “, adianta a organización.

O percorrido será duns 9 km e terá unha duración aproximada de pouco máis de tres horas. “É un camiño fácil de andar” e recoméndase levar calzado de monte e auga, explica o guía da camiñada, o xeólogo Óscar Pazos.

A “caminhada” é de balde e está aberta a todo o público, ademais non é preciso inscribirse. A saída será ás 10 horas dende a Igrexa de San Miguel na vila de Montefurado. “Hai pouco sitio para coches, polo mellor deixalos fóra da vila e subir a pé”, indican dende a organización.

Imaxe cedida.

Back to top button