DeportesÚltima hora

I Carreira das Empresas, en marzo na cidade das Burgas

Terá unha distancia de 6 km e será organizada en marzo pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense

 

Presentación da I Carreira das Empresas en Ourense.
Presentación da I Carreira das Empresas en Ourense.

Deporte e empresas fusiónanse nas rúas da capital da provincia nun novo proxecto que está a promover a a Asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense (AJE) co apoio da súa matriz galega. Trátase da I Carrera das Empresas, un evento deportivo previsto para o 15 de marzo e que se presentaba na mañá do 16 de xaneiro en Ourense.

No acto participaban a presidenta da AJE Galicia, Carmen José López; o presidente de AJE Ourense, Lois Babarro Alén, o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, e o concelleiro de Facenda do Concello de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero.

Todos coincidían en destacar o “enorme beneficio” que actividades deste tipo supoñen para a cidade, “polos deportistas que convocan e o movemento económico que iso implica, ademais de dala a coñecer”. Nesta liña o presidente de Aje Ourense, Lois Babarro, comentaba que esperan “que se convirta nun gran evento empresarial para demostrar que Ourense pode organizar proxectos deste tipo” e resaltaba que os valores do deporte están moi ligados aos da empresa.

A participación na proba poderá realizarse a través de equipos de dúas ou tres persoas da mesma empresa. O percorrido será de 6 km e terá como punto de saída e meta o pavillón Paco Paz.

Artigos relacionados

Back to top button