ConcellosÚltima horaViana do Bolo

I Cea Popular das Festas do San Antón do barrio do Toural de Viana, o 3 de xuño

 

O campo da feira de Viana acollerá o vindeiro 3 de xuño ás 21:30h. a I Cea Popular das Festas de San Antón do Toural (Viana do Bolo). “Levabamos xa un tempo coa intención de poder organizar esta cea, e finalmente, conseguímolo este ano. Estamos moi contentos porque contamos con moita colaboración ca xente e a iniciativa está tendo unha moi boa acollida. O obxectivo é recadar fondos para as festas”, comentan dende a comisión de festas, formada por catro veciños.

Os participantes na cea poderán desfrutar dun menú a base de xamón asado, agulla e chourizo á brasa, bica, viño e auga. Ademais, haberá animación a cargo dun Dj.

Hai varios puntos de venda de entradas, cun prezo de 11 euros, na vila.

Artigos relacionados

Back to top button