ConcellosMicoloxíaÚltima hora

I Concurso Tapa Micolóxica en Trives

Esta iniciativa, impulsada polo Club Montaña Trives, celebrarase do 30 de outubro ao 1 de novembro
Cartaz deste primeiro Concurso Tapa Micolóxica de Trives.
Cartaz deste primeiro Concurso Tapa Micolóxica de Trives.

Os cogomelos serán os protagonistas nas trece propostas culinarias coas que participarán outros tantos establecementos de hostalaría triveses no I Concurso Tapa Micolóxica. Trátase dunha iniciativa promovida dende o Club Montaña Trives que se desenvolverá do 30 de outubro ao 1 de novembro. Estas tapas poderán ser degustadas (a un prezo de 1,50 euros) e valoradas polo público, que emitirá a súa opinión a través das papeletas das que disporán os locais participantes, e que para ser válidas deberán contar co selo do establecemento.

“O xurado popular elixirá a mellor tapa presentada, deixando a mesma reflexada na papeleta. Os tres máis votados serán os ganadores do concurso” e recibirán unha placa acreditativa, tal e como se indica nas bases do certame. Os establecementos que participarán nel son San Martín, O Cafeto, Quintela, O Pilón, La Viuda, Toral, Cantina do Catro, Boliche, Manolos, Sky, O Bodegón, Ardora e Casanova.

O reconto de votos farase o domingo 1 de novembro ás 16h. na Oficina de Turismo da praza do Reloxo. Ademais os participantes neste percorrido de tapas micolóxicas que teñan selado a súa papeleta en alomenos catro locais terán opción a participar nun sorteo de agasallos. Farase o mesmo día 1 de novembro ás 17h. Entre os agasallos do sorteo haberá un libro de micoloxía, un estuche de viño “Chao do Couso”, unha tarta de castañas e unha cea para dúas persoas na “Cantina do Catro”.

Artigos relacionados

Back to top button