
No marco da celebración do XI Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica, os nenos do curso de pintura que imparte a artista vianesa Vanessa Rodríguez amosarán unha serie de traballos vinculados con esta temática.
“Son 8 pezas inéditas, e en verdade é algo emocionante… estamos moi ilusionados por este pequeno proxecto. Os nenos poderán amosar o seu traballo inspirado no entroido e noutras culturas. Gústalles a idea de ter un espazo e de participar activamente nas actividades culturais de forma artística”, explica Vanessa.
Esta I Exposición de máscaras poderá visitarse a partir do 16 de marzo na Panadería e Cafetería O Chusco de Viana do Bolo (rúa Liberdade, 29).