
A vila de Manzaneda reivivirá nesta fin de semana o seu pasado medieval dun xeito festivo. Así, os días 27 e 28 de xuño as rúas da localidade encheranse de trobadores que interpretarán música en directo, postos artesanais, actividades de animación itinerantes, espectáculos de fogo, decoración medieval, carrusel de madeira e moitos xogos máis. “A historia de Manzaneda merece ser vivida nas rúas”, din dende o Concello, que anima a sumarse a esta celebración.


