
Nunha aposta por fomentar o turismo de natureza e as rutas de sendeirismo, o vindeiro sábado día 8 o Concello do Bolo inaugura a ruta de sendeirismo “Canón do Bibei” que percorre o val do río Bibei entre a aldea de Tuxe e o Santuario das Ermitas cunha lonxitude de 7 quilómetros onde os participantes poderán camiñar por camiños tradicionais recentemente recuperados e disfrutar dos antigos socalcos para o cultivo da vide e os soutos de castiñeiros. A ruta pasa tamén preto da antiga Ponte Teixeira que comunicaba os Concellos do Bolo e Manzaneda e que hoxe en día conserva os piares de pedra case intactos.
Dende o Concello convidan a todos aqueles que queiran disfrutar desta paisaxe tradicional a apuntarse a esta andaina. A hora de quedada será as 9 horas no parking de As Ermitas e un autobús levará aos participantes ao punto de inicio xa que é unha ruta lineal. Ao finalizar todos aqueles que o desexen poderán visitar o Santuario das Ermitas. É necesaria inscrición, que poderá realizarse na web ata o día anterior.