Emotiva xornada de reencontros e convivencia no Pablo VI da Rúa. Despois de anos se verse, nalgúns casos cincuenta, na mañá deste sábado 25 de outubro xuntábanse no centro escolar rués unha corentena de antigos alumnos, na que sería a I xuntanza da promoción 1969-1976.




Xa levaban uns anos buscando á xente pero resulta complicado contactar con todos. “Sabemos que son uns 112 aumnos pero este ano logramos xuntar a 41”, explica Evaristo, un dos promotores, adiantando que a idea é seguir facendo xuntanzas e dar cada vez con máis compañeiros. “A ver o que nos depara o futuro”, di, recoñecendo que están espallados por diferentes partes de España. “Hai xente que vive na Rúa e outros repartidos, en Barcelona, Igualada, Sitges, Viana do Bolo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense,…”, de aí a dificultade para dar con eles.




Esta primeira xuntanza comezaba no propio Pablo VI, o centro no que compartiron clases e conversas durante a época do Bacharelato, asistindo despois a unha misa oficiada polo director, D. José Fernández de Abajo e finalmente un xantar no Pillabán de Fontei, local que hai uns meses conseguía un Solete estival da Guía Repsol.
Tras esta primeira toma de contacto despois de tantos anos, comezarán xa a preparar a segunda xuntanza “a ver se o ano que vén duplicamos a asitencia”, aseguran, contentos da iniciativa.



Fotos: Carlos G. Hervella.