DeportesEn portadaFútbolÚltima hora

I Xuntanza do CD Rubiá, o 4 de maio no polideportivo da vila

O programa, no que se revivirá a historia deste club, inclúe un xantar e tamén unha serie de partidos de fútbol sala

 

Antigos xogadores e ex directivos do CD Rubiá están a preparar unha xuntanza de persoas vinculadas a este club deportivo, cuxo equipo desaparecía anos atrás. Este encontro tan especial, de lembranza e confraternidade, permitirá revivir a historia e memoria deste club. Será o 4 de maio no polideportivo de Rubiá a partir das 14:30h. “O evento constará dunha comida que se vai celebrar nunha carpa no exterior do recinto polideportivo. Tamén haberá uns partidos de fútbol sala que serán para todos aqueles que queiran participar”, adiantan os promotores do encontro.

 

 

 

En canto ao xantar, o menú, cun prezo de 36 euros e que incluirá un detalle, será o seguinte: ibéricos ou empanada, costrel asada de tenreira ou porco con patacas, sobremesa, café e chupitos. Polo de agora están anotadas preto de cen persoas, pero o prazo para inscribirse remataba o 15 de marzo.

Os partidos de fútbol sala dependerán da cantidade de xente que se apunte, pero nun principio a idea é organizar partidos de 20 ou 30 minutos sen descanso nos que cada equipo constará de 10 persoas (se é posible), permitiranse todos os cambios que se queiran e xogarase por eliminatoria directa, é dicir, os que ganen pasarán á seguinte fase.

Na galería: fotos de diferentes plantillas deste club, cedidas polos promotores da xuntanza.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button