
A maxia e a ilusión propias do Nadal fundense coa idea de coidar o medio ambiente na campaña de Nadal que vén de presentar a compañía Iberdrola. Os seus protagonistas son unha nena e o seu peixe lanterna, Roque, ao que adestra para unha misión moi especial.
Cando está listo, déixao libre no mar e, co seu esforzo e a colaboración dos outros peixes, consegue converter a escuridade do oceáno nun ceo estrelado a modo de sorpresa e agasallo para achegar esta festa aos que están lonxe dos seus fogares.