ConcellosÚltima hora

A identidade visual no sector do viño, analizada en Sober

Será o tema dunha charla técnica que se impartirá o 1 de abril na Casa da Cultura

 

 

No marco dos actos do “Mes do Amandi”, a Casa da Cultura de Sober acollerá o sábado 1 de abril ás 11:30h. unha charla técnica sobre a identidade visual no sector do viño. Abordaranse asuntos como a importancia do etiquetado, a normativa, o deseño ou as novas tendencias.

Ademais, ese mesmo día porase en marcha o I Certame de Talla en Madeira con Motoserra, que forma parte da programación da XXXVII Feira do Viño de Amandi. Anotáronse 8 persoas que realizarán as súas pezas ao aire libre na Praza do Concello entre os días 1 e 7 de abril, segundo se informa dende o Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button