EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Identificando en cata, só co olor e co sabor, viños valdeorreses, no SilFest

 

A modo de reto aos participantes presentábase a cata de viños da Denominación de Orixe Valdeorras que se iniciaba ás 17h. no espazo Florencio Delgado do SilFest Valdeorras. Tras ver, oler e catar os viños, guiados pola sumiller Mercedes González, os asistente tiñan que adiviñar de que referencia se trataba, tanto en brancos como en tintos. Unha proposta diferente e divertida para encetar a tarde, entre copas, no festival.

Fotos: A.R.

 

Back to top button