OurenseÚltima hora

II Carreira Solidaria Ruta 091 en Ourense, cuns 800 corredores

Todo o recadado na carreira destinarase á Asociación de familias de persoas con trastornos de comunicación social de Ourense TRASCOS

 

A cidade de Ourense acollía esta mañá a II Carreira Solidaria Ruta 091, organizada por Policía Nacional e cun total de 800 inscritos. Trátase dunha proba cun fin solidario: o de axudar á fundación TRASCOS, unha asociación sen ánimo de lucro, creada no ano 2013 por familias de persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e profesionais, integrada na Federación de Autismo de Galicia.

O subdelegado do Goberno, Eladio Santos Martínez acompañado polo comisario xefe provincial, Juan Cástor Vázquez Salgado; o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Luis Fernández Fernández; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense Manuel Pérez González, o concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira, e a presidenta da asociación TRASCOS, Erika Sousa da Silva; eran os encargados do corte da cinta na liña de saída ás 9:30h., momento no que se deu inicio á carreira.

Esta actividade deportiva incluía dúas categorías. Unha delas era a absoluta, que se iniciou ás 9:30 horas e que tiña unha distancia de 5 km, con saída da Glorieta da Policía Nacional e percorrido por diversas rúas da cidade, para finalizar novamente na mencionada glorieta.

E a segunda categoría, infantil e inclusiva, comezaba ás 10:45 horas cun percorrido de 1 km, con saída e meta na Glorieta de Policía Nacional, pasando por Curros Enríquez, Parque San Lázaro e regreso ao momento inicial.

Ao finalizar o percorrido e como colofón á carreira, realizouse a entrega de premios aos gañadores, así como a todos os participantes na categoría infantil e inclusiva.

Na última parte da celebración da carreira 091, realizouse unha exhibición de medios policiais entre os que se atopaban Guías Caninos, Drons pertencentes á Unidade Aérea da Policía Nacional, así como distintas dotacións policiais da Comisaría Provincial.

 

 

A “Ruta 091” naceu como unha actividade solidaria da Policía Nacional no ano 2017 a iniciativa da Oficina de Comunicación da Dirección Xeral da Policía. Trátase dun calendario de carreiras que cada ano celébrase en diferentes localidades de todo o territorio nacional e que por segundo ano consecutivo celebrouse en Ourense.

Desde fai xa varias edicións, a Ruta 091 celébrase baixo o patrocinio xeral do Banco Santander e da Mutualidade de Previsión Social da Policía (MUPOL), dúas entidades comprometidas a colaborar coa Policía Nacional no seu obxectivo de chegar aos cidadáns que máis atención necesitan da sociedade.

Entre os participantes desta edición estaba, novamente, o atleta veterano valdeorrés Paco Bao (Adas Cupa do Barco), que con esta suma a súa proba número 763.

Fotos cedidas.

Back to top button