
O vindeiro domingo 19 de abril celebrarase no Barco a terceira e última das actividades de orientación escolar (LEV-O) do curso 2025/2026.
A II Liga Escolar Valdeorras desenvolverase a partir das 17 horas na Área Recreativa O Salgueiral, para as categorías Alevín, Infantil, Cadete e Iniciación, tendo ata o día 16 de prazo para inscribirse a través dos colexios, excepto Iniciación que deberán facelo a través do QR do cartel, sendo unha xornada de portas abertas para o que queira probar este deporte, tal como indican dende o Club Our-O, encargado da organización.