EconomíaEconomíaÚltima hora

II Mercado Navideño de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras), do 13 ao 14 de decembro

Un dos postos da pasada edición do Mercadiño de Nadal de Sobradelo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Carballeda de Valdeorras prepárase, por segundo ano consecutivo, para abrir as portas, con moita ilusión e un amplo programa, o seu Mercado Navideño, que se desenvolverá os días 13 e 14 de decembro baixo o lema “Moito máis que un mercado: merca, crea e celebra o Nadal”.

Nesta edición poderán visitarse unha vintena de variados postos: dende produtos agroalimentarios de calidade, pasando por decoración, agasallo e prendas de vestir ata libros. E, arredor do mercadiño, desenvolveranse actividades dirixidas a todos os públicos.

 

Non faltarán as actividades infantís, como un obradoiro de títeres, ademais de ciclocontos e cantigas de Nadal, nin tampouco un concerto ás 23h. do sábado da man de Gin Toni’s.

 

Back to top button