CulturaCulturaÚltima hora

II peregrinación de S. Miguel de Bidueira (Manzaneda) ao Santuario das Ermidas (O Bolo), o 20 de setembro

Chegando ao Santuario o ano pasado./ Foto cedida.

 

Neste mes de setembro remata o programa de actos anual do “Santuario das Ermidas, un lugar con 400 anos de historia” organizado polo Concello do Bolo que xa contou cos concertos de Carlos Núñez e Uxía, ademais de conferencias.

Agora tócalle o turno a unha nova peregrinación dende a aldea de San Miguel de Bidueira (Manzaneda) ata o Santuario que terá lugar o vindeiro sábado día 20 con saída ás 9 horas e chegada ás 12:30 horas con “oración”.

A distancia da andaina é de 12 quilómetros con servizo de autobús dende As Ermidas ata San Miguel ás 8 da mañá e de regreso  posteriormente ás 14 horas.

Novos horarios de visita ás Terras do Bolo

Co inicio de setembro comezaba tamén o novo horario de visitas aos tres emblemas turísticos co concello do Bolo: o propio Santuarios das Ermidas, o Castelo e o Museo Yosso (tamén os sábados sen reserva). Os grupos e excursións poden consultar outras posibilidades de horarios de visita.

 

Back to top button