ConcellosO BoloÚltima hora

II Romaría do Rosario nas Ermidas o 4 de outubro, con feira de produtos, música e cultos

 

O Concello do Bolo segue recuperando tradicións, moitas dela arredor do Santuario das Ermidas, coa segunda edición da Romaría do Rosario que se celebrará o vindeiro domingo 4 de outubro, coincidindo coa celebración da advocación mariana, e de novo co patrocinio do Ministerio de Reto Demográfico (Miteco).

Seguindo o esquema do ano pasado, o programa incluirá mostra de produtos, música e por suposto clutos. Comezará arredor das 11 horas coa apertura da II Feira do Rosario con produtos locais nun espazo con carpa na área recreativa do Bibei, nas Ermidas. “Serán 24 postos con produtos tradicionais como queixo, aceite, mel, pan, viño, licores e artesanía variada”, din dende o Concello. Todo acompañado por música tradicional de Abertal que animará a sesión vermú (13:30 horas), ademais de bar e pulpeira con espazo para xantar.

 

 

O apartado relixioso, comezará ás 9:30 horas coas confesións. Ás 10 horas será a misa dos enfermos e ás 12 o concerto do Orfeón Trivés que interpretará varias pezas de música sacra e tamén temas populares: O sacrum convivium (Luigi Morfino); Kyrie (P. Janczak); Ubi Caritas (Ola Gjeilo); Adiemus (Karl Jenkins); Cantares (música de Joan Manues Serrat, poema de Antonio Machado e arranxos de Liliana Cangiano); e Tres cantos andinos (Dante Andreo).

De seguido, ás 13 horas será a misa solemne cantada tamén polo Orfeón. E xa pola tarde, ás 17:30 horas rezarase o Santo Rosario; e ás 18 horas a exposición do Santísimo.

Back to top button