
O Centro Social de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) acollerá os días 25 de novembro, 13 de xaneiro e 3 de febreiro as conferencias das segundas xornadas divulgativas “Educar non ten idade nin Xénero”.
“Trátase dun compromiso de Carballeda na colaboración co sistema educativo e o benestar familiar.
Estás xornadas que consideramos importantes para a nosa comunidade levarán a cabo co propósito de mentalizar a educadores, pais e veciños, que a educación dos nosos nenos é unha tarefa de todos e tentamos proporcionar ferramentas para o desenvolvemento integral dos pequenos”, explica a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González.