ConcellosEn portadaGalerías de fotosRubiáÚltima hora

Ilusión, agasallos, caramelos e roscón, na recepción dos Reis Magos en Rubiá

 

Cargados de agasallos. Así chegaban un ano máis os Reis Magos ao concello de Rubiá. Na mañá deste luns 5 de xaneiro chegaban ás SS.MM. Melchor, Gaspar e Baltasar recibían sentados en cadanseu trono na entrada da Casa da Cultura, un a un aos cativos do municipio aos que lles entregaban o seu agasallo e un boa presa de caramelos e outras lambetadas.

 

 

Despois de estar cos nenos e os seus pais, os Reis visitaban a residencia de maiores San Cosme, saudando aos anciáns.

Os de Rubiá eran, xunto cos do Bolo e os de Vilamartín de Valdeorras, os Reis Magos máis madrugadores na comarca de Valdeorras. Pola tarde chegarán  ao resto de concellos.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Back to top button