DeportesFútbolÚltima hora

Importantes melloras no campo de fútbol de Parada de Sil

 

Neste 19 de abril remataban as obras no campo de fútbol de Parada de Sil, feitas ao abeiro dunha subvención da Xunta de Galicia para mellora de instalación deportivas. Estas obras tiveron un custe de 49.583,46 euros, aportando o Concello o 20% e o 80% restante a Xunta. Procedeuse ao cambio de cuberta, que estaba deteriorada, do bar existente no campo, colocáronse redes novas e pintouse todo de novo.

“A novidade máis importante é que o campo contará no seu entorno cunha bancada cuberta para unha capacidade de 50 persoas, co que se fará máis levadeiro tanto evitar o frío como a calor”, indican dende o Concello. Esta obra levouse a cabo en estreita colaboración do presidente do equipo de fútbol, Manuel Rodicio.

Artigos relacionados

Back to top button