SanidadeÚltima hora

Inaugúrase a exposición dos carteis participantes no Concurso Escolar 2024/25 sobre doazón e transplantes

 

Neste xoves vén de inaugurarse no Hospital Universitario de Ourense, no “Espazo Ágora”, a exposición cos carteis realizados polo alumnado participante no Concurso Escolar 2024/25, centrado na temática da doazón e os transplantes de órganos e tecidos. Durante o acto tamén se presentaron os vídeos gañadores do XI Concurso de Curtametraxes, igualmente dedicado á sensibilización sobre a doazón.

O certame, dirixido ao alumnado galego de Educación Primaria e Secundaria, busca achegar a realidade da doazón á comunidade escolar, fomentando valores como a solidariedade, o compromiso social e a conciencia sobre a importancia de doar para salvar vidas e mellorar a calidade de vida de moitas persoas.

 

 

Premio ao mellor cartel

O primeiro premio, na categoría de 5º e 6º de Educación Primaria, recaeu no colexio CEIP Castrelo de Miño (Ourense).
•Lema: “Doar é dar un abrazo de vida”
•Autora: Melanie Castiñeira García
•Profesora: Virginia Álvarez González

A organización quixo destacar a creatividade, sensibilidade e capacidade comunicativa do cartel gañador, que transmite dunha maneira clara e emotiva o valor de doar.

 

Back to top button