OurenseÚltima hora

Inaugúrase a mecanización da apertura dos armarios relicarios do “Santos Nove Bispos” da Igrexa de Santo Estevo

Cedida.

 

Iberdrola, a través da súa fundación, inauguraba nesta semana a mecanización de apertura dos armarios relicarios do “Santos Nove Bispos” da igrexa de Santo Estevo, no municipio de Nogueira de Ramuín, na comarca da Ribeira Sacra. Ao acto acudían o bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet; os responsables dos traballos de mecanización e restauración, o presidente da Fundación Iberdrola España, Fernando García, o director, Ramón Castresana, e o responsable de Arte e Cultura, Antonio Colado, tamén da fundación.

No momento da restauración dos relicarios da igrexa, descubriuse un excepcional conxunto de pinturas murais tardo góticas (século XV) ao realizar unhas catas no cal que recubría a parede. Por iso, propúxose durante a restauración un mecanismo móbil que permitise volver colocar os relicarios no seu lugar orixinal, pero que estes puidesen desprazarse cara adiante para permitir a visión das pinturas que se atopan na parede.

Na imaxe pode verse ao presidente da fundación, Fernando García (segundo pola esquerda), acompañado de Ramón Castresana, director (primeiro pola dereita) e Antonio Colado, responsable de Cultura e Arte (primeiro pola esquerda) durante a inauguración da apertura dos relicarios.

Back to top button