
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou o compromiso do Executivo central coa xestión sostible dos minerais, posto de manifesto co Plan de Acción das Materias Primas Minerais 2025-2029, realizado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Fíxoo na inauguración da exposición urbana itinerante ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’, que a Cámara Oficial Mineira de Galicia trasladou a Ourense como parte dos actos de celebración do seu centenario.

Eladio Santos explicou que na exposición, que recorre 2.500 anos de historia mineira en Galicia, poden coñecerse moitos dos sectores mineiros galegos que se verán beneficiados coa nova estratexia do Goberno que contempla plans quinquenais para axudar á reciclaxe.
