OurenseÚltima hora

Incendio de gran virulencia nunha nave de transportes en San Cibrao da Viñas

 

Arredor das cinco desta madrugada, un particular alertaba ao 112 Galicia dun incendio nunha nave de transportes situada en Pazos de San Clodio, no concello de San Cibrao das Viñas. “No momento do incidente, as instalacións estaban baleiras e a voz de alarma apuntaba á posible afectación dun depósito de gasoil”, indican dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) activou de inmediato un amplo operativo no que participaron os Bombeiros de San Cibrao e de Ourense, a Garda Civil, o GES do Pereiro de Aguiar e persoal do distrito forestal da zona.

A información que chegaba ao parque de bombeiros de Ourense indicaba que “un camión estaba a arder no interior da nave”, explican dende o Concello, indicando que ao tratarse dunha localización fóra da demarcación local, solicitáronse as autorizacións pertinentes para o desprazamento. “Finalmente, dúas unidades de autobomba mobilizáronse cara ao lugar do incidente”.

 

Ao chegar ao lugar, “os bombeiros de Ourense atoparon unha unidade de bombeiros do Polígono. Os efectivos de Ourense asumiron o mando da intervención. Tras comprobar que non había persoas no interior da nave, realizouse unha análise da situación das naves laterais e a parte posterior, co obxectivo de evitar a propagación do incendio”, indican dende o Concello, indicando que “de xeito simultáneo, iniciouse a extinción do incendio e garantiuse a subministración de auga mediante unha nora de abastecemento. No interior da nave atopábase un camión, cuxa cabeza tractora estaba separada da parte posterior, xunto con catro remolques, un deles cargado de material”.

 

 

Ante a virulencia do incendio, “sobre as 6:15, solicitáronse reforzos adicionais ao parque de Ourense o que  permitiu reforzar a dotación local e o envío doutra autobomba de apoio, dándose por extinguido o lume sobre as 8:30 da mañá coa participación de tres unidades de autobombas e dúas unidades de mando, sumando un total de sete integrantes, incluído un cabo e o xefe de parque de Ourense. Durante o proceso, incorporáronse varias unidades de autobombas e bombeiros do concello de San Cibrao das Viñas, o que facilitou a intervención e coordinación entre diferentes corpos de bombeiros”.

Segundo os datos do Concello, “a nave estaba construída con formigón prefabricado en fachadas e medianeiras, así como cerchas con elevada resistencia ao lume. Esta característica estrutural contribuíu a evitar a propagación do incendio ás naves laterais. Con todo, a cuberta da nave incendiada viuse afectada e a virulencia do incendio atribúese, previsiblemente, á presenza de material con magnesio nuns volantes que se atopaban no remolque cargado”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button