
Ás 15:25h. deste 15 de setembro iniciábase un incendio forestal na parroquia de Pacios da Serra (Quiroga), que continúa activo nestes momentos. Segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural, afecta a unhas 2 hectáreas de superficie e localízase nunha zona arborada.
Na extinción deste lume están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 12 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, ademais de medio aéreos, en concreto, 6 helicópteros e 6 avións.
Fotos cedidas.
