
A Consellería do Medio Rural vén de informar neste mediodía dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo.
Este lume iniciouse ás 12,21 horas deste sábado 8 de agosto e, segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 5 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 6 avións.