A GudiñaConcellosÚltima hora

Incendio forestal en Parada da Serra (A Gudiña)

Foto: @BrifLaza

 

Desde as 19:45 horas de onte domingo está activo un incendio forestal no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola consellería, este lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

Back to top button