ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Incendio forestal en Vilanuide (Quiroga), no límite co municipio de Larouco

 

O lumes non dan tregua. Esta tarde vén de declararse un incendio forestal en Vilanuide (Quiroga), xusto no límite co concello de Larouco, na provincia de Ourense. O lume, que comeza a tirar forte, tal e como pode verse nestas imaxes, iniciábase ás 18:55h. e nos labores de extinción do mesmo participan 2 axentes, 2 brigadas, 3 motobombas e 1 pa, segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Back to top button