En portadaÚltima horaVídeos

Incendio forestal na Estación de Montaña de Manzaneda

 

O lume tamén está a afectar de cheo á contorna da Estación de Montaña de Manzaneda. Esta tarde, contra as seis iniciábase un incendio forestal preto deste complexo deportivo, que se foi estendendo con rapidez polos piñeiros ata chegar preto das instalacións. Segundo a Consellería do Medio Rural, este lume é o mesmo de Parafita (Chandrexa de Queixa).

 

 

Arestora hai efectivos da UME, entre outros moitos medios, intervindo co fin de controlar a situación, as persoas da estación están confinadas nos edificios da mesma.

 

 

En canto os accesos, polo de agora, pode subirse pola estrada de Manzaneda, pero a estrada de Chandrexa está cortada ao tráfico, e está nela a Garda Civil controlando a situación, segundo puido saber este medio de comunicación.

Fotos e vídeo cedidos.

https://youtube.com/shorts/vHpipITW_iM?feature=share

 

Vídeo do BrifLaza chegando á zona

Foto: BrifLaza.

https://x.com/BrifLaza/status/1955353033556234741/video/1

 

Back to top button