ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Incendio forestal na parroquia de Xunqueira (A Pobra de Trives)

 

Incendio forestal tamén na parroquia de Xunqueira, no concello de Trives, que se declaraba ás 8:20h. da mañá e quedaba controlado ás 12:04h. deste mediodía. Nos labores de extinción teñen participado 1 axente, 4 brigadas e 1 motobomba e, segundo os datos provisionais facilitados pola Consellería do Medio Rural, afectou a 1,3 hectáreas.

Porén, esta tarde, segundo infoman os veciños con preocupación, o incendio reactivouse polo vento e arestora está estendéndose.

Foto e vídeo cedidos.

 

 

Back to top button