
Arredor das 12:47h. producíase un incendio forestal nun terreo próximo ao primeiro acceso á Rúa dende Vilamartín de Valdeorras, nas proximidades da N-120. Ata o lugar desprazábanse de inmediato 1 axente, 3 brigadas e 2 motobombas, tamén se mobilizaba aos bombeiros do parque comarcal.
O incendio quedaba estabilizado ás 13:11h., segundo informa a Consellería do Medio Rural.

