Na tarde deste Venres Santo, 3 de abril, producíase un incendio forestal na zona do Aguillón, na Rúa na que ardía unha superficie aproximada de 0,20 hectáreas.
Era un voluntario da agrupación de Protección Civil quen vía fume arredor das 14:30 horas, “ao achegarse viu un incendio forestal avisando ao 112 que avisou as brigadas de incendios que procederon á súa extinción”, informan.
Á parte de Protección Civil e unha patrula da Garda Civil, no operativo interviñeron unha autobomba y dúas brigadas do SPIF, Servizo de Prevención de Incendios Forestais do Distrito XIII.

Fotos e vídeos cedidos.