En portadaÚltima hora

Incendio industrial en Cedie, no Barco

 

Contra as tres e media desta tarde iniciábase un incendio industrial nunha das naves da empresa Cedie, situada na avenida de Galicia do Barco de Valdeorras, un dos accesos á localidade. Ata o lugar desprazábanse de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Policía Local, así como os bombeiros do parque comarcal que están a traballar para tratar de controlar o lume e evitar que se estenda a naves contiguas. Nunha das naves xa se caiu o tellado.

 

 

Unha gran columna de fume pode verse dende a vila do Barco e o suceso chamaba a atención das mais e pais que acudían aos centros de ensino da entrada da vila a buscar aos seus fillos tras rematar a xornada lectiva.

Esta é xa a segunda vez en apenas tres anos na que se produce un incendio deste tipo nesta mesma empresa, tras o rexistrado en febreiro de 2022.

En canto se teñan máis datos ampliarase información.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Cedida.
Back to top button