A RúaConcellosÚltima hora

Incendio na cociña dunha nave, na Rúa

 

Na tarde deste luns 9 de febreiro producíase un pequeno incendio nunha nave, na Rúa, que mobilizaba aos servizos de emerxencia.

Sobre as 15:45 horas saltaba no 112 Galicia o aviso de lume na cociña do inmoble, sito na rúa Pereira, ata onde se desprazaban os bombeiros do parque comarcal, membros de Protección Civil da Rúa, Garda Civil, Policía Local e GES Valdeorras.

Tal como indican dende os servizos de emerxencia, o incidente non revestiu gravidade.

 

Back to top button