ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Incendio nunha casa en Larouco

 

Novo incendio de madrugada en Larouco, desta volta nunha vivenda. En torno ás 4:30 horas deste venres 11 de abril comezaba un incendio nunha casa a causa da cheminea, tal e como indican dende os servizos de emerxencia que asistían ao lugar dos feitos, na rúa Santa Lucía, destacando a rápida intervención para apagar o incendio sen ter que lamentar danos persoais.

 

 

No operativo participaban os bombeiros do parque comarcal, o GES Valdeorras, a Garda Civil e Proteción Civil de Larouco.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Back to top button