
Do 27 ao 29 de xuño celebrarase a VIII Romaría na honra a San Pablo no Chao (O Barco de Valdeorras) cun completo programa de actividades para todos os gustos que comezará o venres ás 20 horas, con inchábeis. A noite estará amenizada por disco móbil Eme Music con Marcos Magán.
Sábado 28, ás 11 horas comezará o torneo de petanca; ás 13 horas oficiarase a misa campestre e ás 14:30 horas comezará o xantar popular. A música, a partir das 21 horas haberá baile a cargo da disco móbil Eme Music con Simón Vázquez que amenizarán tamén a verbena.
Nesta xornada haberá inchábies gratis de 12:30 a 14:30 e de 18 a 22 horas.
O domingo 29 de xuño, na última xornada festiva os máis pequenos da casa gozarán de novo de inchábeis de balde en horario de de 12:30 a 14:30 e de 18 a 22 horas, e a partir das 20 horas haberá baile a cargo da orquestra Suavecito.
